• Post Image

Pasar de importar a exportar enerxía

Decembro 12, 2024

A oportunidade que ten Galicia neste momento é pasar de importar a exportar enerxía. Así o explicou o noso conselleiro delegado na mesa de diálogo titulada “O equilibrio entre enerxía e territorio”, dentro do I Foro “A enerxía que vén” organizada por Economía Digital. Bruquetas destacou “o momento importante que vivimos, un momento de transición, non só de combustibles fósiles a renovables, senón dun país importador de enerxía á posibilidade de ser un territorio exportador de enerxía”.

Tamén explicou que neste primeiro ano de traballo de RDG fixéronse contactos e análises de proxectos renovables e mineiros para establecer alianzas de cara a maximizar o seu impacto no territorio. Puxo en valor o accionariado da sociedade público-privada “que nos permite coñecer as necesidades económicas e industriais”.

A mesa, moderada pola xornalista Cristina Díaz, contou coa participación de María Bastida, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, e con Jose Carballo, presidente da Fundación Arume e da asociación Monte Industria.

Podes ver a información completa de Economía Digital sobre o foro na seguinte ligazón:
https://acortar.link/YFf9Zu