• Post Image

Aforra enerxía e custos: participa na auditoría enerxética para empresas galegas

Decembro 16, 2025

As empresas galegas ubicadas nun polígono ou nun porto xa poden participar na auditoría enerxética que estamos a levar a cabo, coa colaboración da Xunta de Galicia.

A participación é moi sinxela, rápida, intuitiva e de balde. Entrando en rdgdatos.gal accedes ao espazo en liña no que podes achegar os teus datos de consumo e/ou da frota de vehículos. Cada empresa participante obterá un informe enerxético personalizado coas oportunidades de aforro detectadas.

A auditoría impulsada por RDG ten como obxectivo principal a redución dos custos enerxéticos e a descarbonización das actividades industriais e portuarias, buscando ser unha ferramenta útil para o empresariado galego á vez que colabora activamente no avance cara a unha Galicia máis verde. Todas as accións estarán orientadas a propoñer solucións de autoconsumo renovable, a implantación de sistemas de almacenamento enerxético, melloras na eficiencia dos procesos industriais e a optimización da mobilidade, contribuíndo a reforzar a competitividade empresarial e a acadar os obxectivos europeos de sostibilidade.

 

@recursosdegalicia