• Post Image

Blindar os portos e polígonos industriais fronte a novos apagamentos

Maio 27, 2025
Blindar dous espazos críticos da nosa economía, os portos e os polígonos industriais, fronte a novos apagamentos na rede eléctrica xeral, pola vía de avanzar en fórmulas de autoconsumo. Ese é un dos obxectivos da maior auditoría enerxético-ambiental na historia de Galicia, que acabamos de poñer en marcha.
Levaremos a cabo ese estudo ao longo do próximo ano e servirá, ademais, para reducir, abaratar e descarbonizar os consumos enerxéticos. Acabamos de contratar a Ghenova Ingeniería Group para executar os traballos técnicos, cuxos eixos son a combinación da innovación tecnolóxica, a intelixencia artificial e a participación activa do tecido empresarial.
Nas últimas horas, os medios de comunicación fixéronse eco da noticia. Aquí algunhas desas publicacións:
Economía Digital: https://acortar.link/Z43AUw
La Voz de Galicia: https://acortar.link/ZCfBTp