Recursos de Galicia recibe un dos premios da Noite Enerxética 2026

Outubro 2, 2026

Recursos de Galicia recibiu un dos recoñecementos da Noite Enerxética 2026, organizada por Cluergal no marco dos ENERGY DAYS, que cada ano reúne a empresas, institucións e profesionais vinculados ao sector enerxético galego.

O presidente de Recursos de Galicia, Manuel Galdo, foi o encargado de recoller o galardón. Ao evento tamén asistiu o conselleiro delegado de RDG, Emilio Bruquetas.

O premio recoñece a Recursos de Galicia por impulsar un modelo pioneiro que busca conciliar o aproveitamento sostible dos recursos naturais de Galicia coa xeración de valor económico e social no propio territorio.

Desde Recursos de Galicia agradecemos a Cluergal este recoñecemento, que supón un impulso para continuar traballando por un modelo no que o aproveitamento dos nosos recursos naturais se converta en máis oportunidades e riqueza para Galicia.

A Noite Enerxética consolidouse como un dos puntos de encontro do sector enerxético galego, combinando o recoñecemento a iniciativas destacadas coa creación de espazos para o encontro, o intercambio de experiencias e a xeración de novas sinerxías.

↑