• Post Image

RDG como ferramenta para xestionar os nosos recursos

Xuño 10, 2024

“É perentorio virar con máis vehemencia cara ás enerxías renovables e reducir o consumo todo o posible. […] Galicia non é excepción. Que ninguén se engane. Seguimos sendo moi deficitarios en enerxía, porque a maior parte das fontes primarias seguen sendo fósiles. Se queremos producir toda a enerxía que consumimos a partir de renovables dentro das fronteiras de Galicia, incluíndo a plataforma marítima, imos necesitar moitísimos máis parques eólicos e fotovoltaicos. […] Auga, sol, vento son o petróleo do século XXI. Se noruegueses ou sauditas entenderon perfectamente que tiñan que sacar partido ao seu recurso, nós debemos tratar de facer o mesmo cos nosos. Os galegos no seu conxunto, e especialmente os que viven nos municipios nos que se van a soportar os custos da implantación ou os sectores afectados, debemos obter parte dos beneficios. […] Recursos de Galicia [é] unha ferramenta para xestionar os recursos naturais propios de maneira áxil e proveitosa para os nosos cidadáns e as nosas empresas. Unha ferramenta que trata de responder ao que moitos estiveron pedindo, con razón, desde hai tempo”.

Estas ideas forman parte dun artigo publicado esta fin de semana polo catedrático de Economía Aplicada Santiago Lago-Peñas en Faro de Vigo, La Opinión de A Coruña e El Correo Gallego. Deixámosvos aquí ligazón á versión completa neste último periódico: https://acortar.link/WS2P6E.