• Post Image

Ciclos verdes para un futuro sostible

Decembro 5, 2024

O Observatorio da FP en España identifica os 60 ciclos de formación profesional que impulsarán a sostibilidade. No estudo explícase que hai 22 ciclos de grao medio e 38 de grao superior vinculados a ocupacións verdes. Estes estudos están relacionados coa mellora da eficiencia dos recursos e a enerxía, a redución de emisións de carbono ou a preservación da biodiversidade.

Os ciclos tractores verdes están identificados e deben cubrir a demanda de profesionais en sectores emerxentes como as enerxías renovables para o futuro.

Atender estes retos medioambientais é tamén o obxectivo principal de Recursos de Galicia, que busca un aproveitamento dos recursos naturais que avance na descarbonización e na autonomía enerxética de Galicia.

Más información sobre o estudo neste artigo de La Voz de Galicia:

https://acortar.link/TSoTGt