A política de bonificacións de Mondigo como referencia

Marzo 30, 2026

Verónica Núñez, dos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra, conversou con Emilio Bruquetas, conselleiro delegado de Recursos de Galicia, sobre a nova política de bonificacións aplicada na contorna do parque eólico de Mondigo.

Bruquetas destaca que “Mondigo é o primeiro exemplo do que RDG vén facer en Galicia. Traballamos sobre catro piares. O primeiro son os descontos directos á veciñanza próxima aos activos enerxéticos. O segundo é ofrecer prezos competitivos e estables ás nosas industrias, un elemento moi importante cando a xeopolítica nos xoga unha mala pasada como agora. O terceiro piar é abrir a propiedade dos parques aos concellos. E o cuarto é que toda a enerxía e os beneficios repercutan en Galicia, o que facemos por moitas vías”.

Podes ler a entrevista completa aquí: https://acortar.link/mgYiRh