• Post Image

Os medios recollen a maior auditoría enerxético-ambiental

Agosto 5, 2024

Afrontamos o reto de levar a cabo a maior auditoría enerxético-ambiental na historia de Galicia co fin de abaratar, reducir e descarbonizar os consumos enerxéticos dos usuarios dos polígonos industriais e portos galegos. Grazas a ese estudo, coñeceremos os recursos naturais dispoñibles, as infraestruturas existentes, as necesidades loxísticas, a demanda de potencia e o marco regulatorio actual. O informe, que incluirá mapas e reportes detallados do potencial solar e eólico en cada área de interese, proporcionaranos unha visión integral e precisa sobre como implementar en cada caso solucións eficientes e cento por cento renovables.

 

O adxudicatario da auditoría será escollido este ano pola vía negociada, nun proceso de selección que primará a incorporación ao proxecto das universidades de Galicia e o seu tecido empresarial. Xa nas últimas horas os medios de comunicación fixéronse eco da noticia. Velaquí algunhas desas publicacións en aberto:

 

En La Voz de Galicia:  https://acortar.link/cezlD0
En Faro de Vigo: https://acortar.link/yOhcQz
En Europa Press:  https://acortar.link/NQFHzX
En Economía Digital: https://acortar.link/IZdjes
En La Opinión de A Coruña: https://acortar.link/BB2U0Q