A minería, clave para a economía galega

Abril 10, 2026

O Foro Económico de Galicia abordou, na súa décimo quinta reunión anual, celebrada en Muxía, a influencia da xeopolítica na economía galega.

Entre os participantes neste encontro estivo o noso conselleiro delegado, nunha mesa moderada pola xornalista Fernanda Tabarés, xunto con Alberto Lavandeira (Atalaya Mining), José Manuel Saldaña (Grupo Samca) e Manuel Soto (ADEGA e UDC).

Emilio Bruquetas destacou a capacidade de Galicia no aproveitamento dos recursos mineiros (con 18 das 34 materias primas consideradas críticas pola UE) e a oportunidade que supón a minería para a industria e a economía galega. Neste eido, para RDG é fundamental que os proxectos conten con garantías de sostibilidade e retorno social.