Abaratar a enerxía ás familias, democratizar o acceso empresarial a condicións vantaxosas no recibo da luz, poñer os recursos naturais de Galicia ao servizo dos galegos, combater o cambio climático, avanzar en autonomía enerxética, fomentar unha industrialización sostible… Para todo iso, entre outros propósitos, foi creada RDG. Pero, por que unha sociedade público-privada para alcanzar esas metas, e non unha unicamente pública ou totalmente privada?
A esa pregunta deu resposta o noso conselleiro delegado nunha entrevista con Antía Díaz emitida este venres por Radio Voz. “É unha fórmula -argumentou Emilio Bruquetas- perfectamente válida, que, doutra banda, funciona en moitísimos países da Unión Europea, e que a propia Unión Europea incentiva. […] Aúna o mellor dos dous mundos: o mellor do público e o mellor do privado. O público garante que en todas as nosas actuacións, en todos os nosos proxectos, en todo o que facemos, haxa un interese público superior, e ese papel e ese rol, xógao en este caso a Xunta de Galicia como accionista principal da sociedade. E o sector privado achega uns coñecementos e un dinamismo que nos axudan a funcionar dunha maneira moi áxil, moi rápida, e a obter os nosos obxectivos, a conseguilos con axilidade”. E remachou: “A colaboración público-privada no sector da enerxía é unha fórmula de éxito, contrastada”.
Podes escoitar a entrevista completa aquí: