• Post Image

RDG, onde suman esforzos o mellor do público e o mellor do privado

Xuño 20, 2024

Baixo o paraugas de RDG o público e o privado suman esforzos, conviven nun modelo de cooperación polo que está a avogar a Comisión Europea para acelerar e robustecer o crecemento. Por unha banda, o accionista maioritario (30 %), a Xunta de Galicia, que é o garante da preservación do interese xeral, e polo outro, 32 empresas que sosteñen máis de 21.000 empregos directos e achegan un 14 % do PIB da comunidade. “Isto permítenos xestionar co mellor dos dous mundos” para alcanzar “o obxectivo, que é poñer os nosos recursos ao noso servizo, […] que o desenvolvemento enerxético vaia acompañado de beneficios para a xente, para a sociedade”.

Así o expuxo o noso conselleiro delegado nunha conversa con Ángeles San Luis, xefa de Informativos de Onda Cero Galicia. Na devandita entrevista, Emilio Bruquetas fixouse a meta de contribuír a converter a riqueza natural de Galicia en riqueza social. “Somos -proclamou- unha iniciativa pioneira que nace en Galicia e para Galicia”. Un proxecto que nos seus primeiros seis meses de vida acumula “un traballo moi intenso”, unha gran acollida social e novas peticións de ingreso no seu capital.

Bruquetas avogou tamén por acabar canto antes coa inseguridade xurídica en torno ao despregamento das renovables, que é a única vía para transitar dunha economía baseada aínda na importación e o consumo de enerxía fósil hacia unha Galicia verde. Podes escoitar a entrevista aquí: