• Post Image

“Producir enerxía debe repercutir en beneficios para a cidadanía”

Xuño 18, 2024

Javier Ramos conversou nas páxinas de El Correo Gallego co noso conselleiro delegado sobre a necesidade de que a posta en valor dos recursos naturais se traduza en vantaxes claramente perceptibles para as persoas e o territorio. “Producir enerxía debe repercutir en beneficios para a cidadanía”, asegura Emilio Bruquetas. “Un dos obxectivos fundamentais de RDG -engade- é que esa implementación de novas renovables ao final acabe trasladando os seus beneficios ao cidadán, á contorna, ás pemes. Que haxa unha percepción de que ese incremento de xeración de enerxías renovables está a xerar unha mellor calidade de vida, maior emprego, e mellorando ao final a sociedade na que vivimos. Isto é o que viñemos facer e hai obxectivos a moi curto prazo, como abaratar a factura da luz e facela competitiva para familias e empresas”.

Na entrevista, Bruquetas tamén expón a singularidade do modelo RDG e lembra o reto que Galicia ten ante si para descarbonizar a súa economía e incrementar a súa autonomía enerxética, obxectivos que pasan por completar o despregamento das fontes de enerxía verde. Así, afirma: “Hoxe seguimos importando e consumindo o 70% da enerxía procedente de combustibles fósiles. Substituír toda esa enerxía por fontes renovables dános dalgunha maneira a dimensión da tarefa que temos por diante de aquí ao 2050”.

Podes leer toda a entrevista neste link: https://acortar.link/UrULcy