• Post Image

Entrevista a Emilio Bruquetas en Expansión

Febreiro 12, 2024

Descarbonizar a economía neste momento de emerxencia climática, favorecer prezos enerxéticos competitivos, avanzar en autonomía enerxética e maximizar os beneficios para o territorio e as persoas. Esas son as catro funcións principais de Recursos de Galicia, tal e como explica o noso conselleiro delegado, Emilio Bruquetas, nesta entrevista con Abeta Chas no diario Expansión.

Somos un proxecto de país, unha sociedade mixta onde cooperan unha Xunta de Galicia que garante o interese público na nosa acción e un empresariado “moi involucrado e con moito interese en que se desenvolvan enerxías renovables que xeren emprego”, en palabras de Bruquetas. “RDG -conclúe- é un actor que vai máis aló de cores políticas”.

O noso conselleiro delegado repasa tamén o longo e garantista proceso de constitución da empresa, un exercicio de diversidade e transparencia sen precedentes. Ademais, gaba o amplo consenso social ao redor da compañía e resume o seu encaixe no sector: “Nós vimos cooperar, non romper o mercado”.