A minería como motor de transición enerxética

Outubro 28, 2025

O noso director de Minería, Carlos Martinez Torres, participou nunha xornada organizada por Cluergal na que falou sobre a importancia do desenvolvemento de proxectos enerxéticos para a minería.

Durante a súa intervención, destacou a necesidade de entender e atender o trinomio recursos-enerxía-sociedade como un eixe clave de progreso. Explicou que, para que o trinomio funcione, as persoas deben percibir os beneficios de contar cunha actividade industrial sólida e responsable. Unha idea moi relacionada co concepto da licencia social, un compromiso que Recursos de Galicia comparte plenamente.

Os proxectos mineiros deben desenvolverse co territorio e para o territorio, xerando beneficios reais e duradeiros. A minería moderna é segura, responsable e respectuosa co entorno, pero tamén debe ser dialogante e pedagóxica, explicou Carlos Martínez.

Galicia conta con recursos minerais e tecnoloxía para contar cunha minería sustentable, contribuíndo así á autonomía estratéxica de Europa e á transición cara a unha economía descarbonizada.

O debate, moderado por Oriol Sarmiento Diez, xerente de Cluergal, contou coa participación de Aitor Puente, director da Asociación Galega de Áridos (ARIGAL) e José Ángel Lorenzo, do Clúster do Granito.