O potencial dos minerais críticos en Galicia

Decembro 23, 2025

Un recente estudo da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Xunta de Galicia sitúa a nosa comunidade como un territorio clave na subministración europea de minerais críticos.

O estudo identifica 18 materiais estratéxicos para a UE, como litio, cobre, wolframio, cobalto ou terras raras, fundamentais para a transición enerxética, a industria tecnolóxica e a electrificación. Estes recursos concéntranse en cinco grandes corredores mineiros repartidos por todo o territorio galego.

A Administración aposta por transformar este potencial nunha oportunidade de desenvolvemento sostible, cunha planificación mineira baseada na investigación, o cumprimento estrito da normativa ambiental e o retorno económico ás comunidades locais.

En RDG estamos a traballar por unha posta en valor sostible desta riqueza natural e para convertela en riqueza social que beneficie ás galegas e galegos.

Podes saber máis sobre isto aquí.