Mentras avanza a redacción do plan estratéxico e a definición da política comercial, xa se coñecen novos detalles sobre como funcionará a nosa filial RDG Comercializadora Galega de Enerxía. Onte quedaron claras tres vías de traballo: circunscribir a actividade a Galicia exclusivamente, reducir un 50 % sobre o prezo de mercado o custe da enerxía para os veciños daquelas instalacións de xeración de electricidade verde nas que participemos e democratizar os PPA (power purchase agreement), é dicir, que os autónomos e as pequenas e medianas empresas podan acceder ás vantaxes no recibo da luz, en termos de descontos e estabilidade, das que actualmente só desfrutan as grandes compañías.
Estes e outros datos facilitáronos onte en rolda de prensa a conselleira de Economía e Industria da Xunta, María Jesús Lorenzana, e o conselleiro delegado de Recursos de Galicia, Emilio Bruquetas. Nesa comparecencia, ambos explicaron tamén que, conforme se vaia producindo o desbloqueo das renovables na comunidade autónoma, máis galegos poderán beneficiarse do impacto de RDG Comercializadora.
Nas últimas horas, os medios de comunicación fixéronse eco da noticia. Velaquí algunhas desas publicación:
La Voz de Galicia: https://acortar.link/9hxvgn
Faro de Vigo: https://acortar.link/jEHnM0
El Progreso: https://acortar.link/aQkSFI
La Región: https://acortar.link/Xztja9
Expansión: https://acortar.link/OQJp82
El Economista: https://acortar.link/VWEeZX
Europa Press: https://acortar.link/d0rlVb
ABC: https://acortar.link/KshpdT
La Razón: https://acortar.link/lEkg7P
El Debate: https://acortar.link/ceVuk6
El Español: https://acortar.link/ctSlVL
TVG: https://acortar.link/IV9efa
Cope: https://acortar.link/K7gQA1
Ser: https://acortar.link/7GjQ9K
esRadio: https://acortar.link/0unNdA
Economía Digital: https://acortar.link/VjsJaz
El Periódico de la Energía: https://acortar.link/u6KwJa