Beneficios para as persoas da posta en valor dos nosos recursos naturais

Febreiro 17, 2026

Os medios de comunicación fixéronse eco nas últimas horas da compra do primeiro parque eólico de Recursos de Galicia (RDG): o de Mondigo, na Mariña Oriental. Nese recinto aplicaremos a nosa política de reversión do beneficio no territorio e nas persoas. A primeira das vantaxes consistirá nunha rebaixa do 80 % no custo da electricidade para os veciños.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou onte: “Este é un dos principais obxectivos que buscaba a Lei de Recursos Naturais de Galicia, que os beneficios redunden na contorna”. “Poñemos un recurso natural galego ao servizo da cidadanía”, destacou a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, quen este venres viaxará a Ribadeo.

Aquí podes consultar algunhas das publicacións periodísticas: