• Post Image

Emilio Bruquetas explica a auditoría enerxética na TVG

Maio 29, 2025

O noso conselleiro delegado foi entrevistado por Almudena de Urzáiz no Bos Días, da Televisión de Galicia.

Emilio Bruquetas falou da auditoría enerxética que vai levar a cabo Recursos de Galicia nos polígonos e portos galegos durante un ano. Deste xeito, RDG continúa traballando para impulsar a transición enerxética, apostando pola descarbonización, a independencia enerxética e un modelo que xere valor real no territorio.

Premendo aquí podes ver un resumo da súa intervención.