• Post Image

“O noso equipo”

Febreiro 11, 2025

Temos nova sección nas nosas redes sociais. O noso equipo é o espazo virtual no que iremos poñéndolle cara ás persoas que traballan nos distintos departamentos de Recursos de Galicia. De xeito persoal, cada un deles, fálannos sobre a súa experiencia profesional e sobre a motivación para incorporarse a este proxecto.

Nas tres primeiras entregas coñecemos un pouco mellor a Carlos Martínez, director de Minería, Miguel Díaz, director de Renovables e Marta Valcárcel, directora financeira de RDG.

Síguenos nas nosas redes para non perder as próximas entregas. Esta sección irá medrando conforme medre o equipo humano da compañía.

@recursosdegalicia