Impulso a un proxecto estratéxico para a Unión Europea

Xullo 29, 2025

Nas últimas horas, os medios de comunicación fixéronse eco da entrada de Recursos de Galicia (RDG) no capital da sociedade promotora de Mina Doade, que se chama Recursos Minerais de Galicia. As crónicas contan como Grupo Samca mantén un 90 % da propiedade e RDG faise co 10 % restante achegando 750.000 euros. Esta operación vese como un novo impulso ao proxecto de minería subterránea de extracción de minerais de litio e feldespatos en Beariz (Ourense), o cal xa fora recentemente declarado estratéxico pola Unión Europea.

Os medios recollen as valoracións tanto do conselleiro delegado de RDG, Emilio Bruquetas, como de José Manuel Saldaña, conselleiro de Grupo Samca. “Con esta alianza -afirma Bruquetas- situamos a Galicia en condicións de avanzar en autonomía estratéxica. […] Atopamos en Grupo Samca un socio que entende e comparte a nosa visión sobre os recursos naturais, a súa posta en valor sostible e a necesaria reversión no territorio dos beneficios inherentes a ela”.

“Compartimos con RDG a visión de que os recursos minerais dun territorio deben crear prosperidade na súa contorna. Os nosos proxectos mineiros, desde hai máis de 100 anos, xeran valor compartido e impacto social nos lugares nos que desenvolvemos a nosa actividade”, di Saldaña.

Aquí podes consultar algunhas das publicacións periodísticas:

 

La Voz de Galicia: http://bit.ly/4kX220h 

La Región: https://bit.ly/46r9WeS 

Faro de Vigo: https://bit.ly/4l2r52c 

Diario de Pontevedra: https://bit.ly/44QPB1l 

Expansión: https://bit.ly/4mfGwF3 

Europa Press: https://bit.ly/4o9jpxB 

Economía Digital: https://bit.ly/4lV8eY0