TRABALLA CON NOS

Achéganos o teu currículo









    GalegoCastelánInglésFrancésAlemánOutros



    Información sobre protección de datos – Bolsa de emprego

    Recursos de Galicia (RDG), en calidade de responsable do tratamento e conforme ao disposto no Regulamento (UE) 2016/679 e na Lei Orgánica 3/2018, infórmalle de que os datos persoais facilitados empregaranse para a xestión da súa candidatura na bolsa de emprego e nos procesos de selección, abrangue a valoración de candidaturas, a realización de entrevistas e demais probas correspondentes ao posto, sen que se adopten decisións automatizadas.

    A lexitimación para o tratamento dos datos persoais baséase no consentimento otorgado polo interesado, así como na adopción de medidas precontractuais no contexto dos procesos de selección.

    O interesado manifesta que os datos facilitados son exactos, veraces e están actualizados, comprometéndose a proporcionar unicamente a información estritamente necesaria e relevante para a avaliación da súa candidatura. Así mesmo, con carácter xeral non achegará datos doutras persoas; non obstante, no caso de facelo, declara que dispón da lexitimación suficiente e que informou previamente á persoa.

    Os datos tratados por Recursos de Galicia (RDG) non serán comunicados a terceiros, salvo aos provedores de servizos que participen no proceso de selección e que actuarán, en todo caso, como encargados do tratamento, cumprindo todas as garantías establecidas pola normativa vixente.

    Os datos almacenaranse durante un período máximo de dous anos. Para continuar na bolsa de emprego unha vez transcorrido dito prazo, o interesado deberá actualizar ou enviar novamente a súa información antes da súa finalización; en caso contrario, os datos eliminaranse de forma segura.

    O interesado poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación, portabilidade e revogación do consentimento mediante solicitude dirixida ao responsable do tratamento a través da dirección de contacto ou no correo electrónico dpd@rdg.gal. Así mesmo, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es) se considera vulnerados os seus dereitos.