• Post Image

Minería sostible

enero 27, 2025

O noso director de Minería, Carlos Martínez, protagoniza a entrevista deste domingo na Radio Galega. Durante a conversa con Xosé Valiñas explica que Galicia “é líder na produción de lousa de granito pero tamén en minerais como o cuarzo ou o silicio metalúrxico” necesarios para a industria tecnolóxica e a transición enerxética.

Martínez recalca que a minería de hoxe en día é sostible dende un punto de vista técnico, ambiental e social. “Non ten nada que ver coa dos anos 70, 80 ou 90. A tecnificación e a lexislación están a anos luz” engadiu.

Incide tamén na obriga que temos “de aproveitar e pór en valor os recursos de Galicia porque van ter un efecto tractor para o resto de elos da cadea da industria”.

Escoita a entrevista completa:

https://acortar.link/3wG0hT