Category: blog

O noso conselleiro delegado, Emilio Bruquetas, participou no XI Foro da Enerxía de elEconomista, en Madrid, onde explicou o propósito, a singularidade e o modelo de Recursos de Galicia (RDG). Un modelo que busca poñer o vento, a auga e os demais recursos naturais de Galicia ao servizo: → das persoas → do territorio → …

O verán en RDG é sinónimo de “Verdor cinguido”: o noso concurso en redes sociais. Nesta nova edición poñemos a proba os vosos coñecementos sobre enerxía, medio ambiente e, como non, sobre RDG. Nestas semanas fixemos parada en Boiro, A Pobra do Caramiñal, Pontevedra, Sanxenxo, O Grove e Ribeira. Este ano, o premio para as …

Nos primeiros días, logo do anuncio da ampliación de capital de RDG por parte do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, tres empresas xa amosaron interese no proceso e en formar parte do accionariado da sociedade. A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, xunto co conselleiro delegado de Recursos de Galicia, Emilio …

As enerxías renovables deixaron de ser só unha ferramenta para reducir emisións. Hoxe son tamén unha das mellores defensas fronte ás subas da enerxía e unha fonte directa de aforro para as familias. Segundo unha análise do centro de estudos enerxéticos Ember, o crecemento da enerxía solar e eólica en España permitiu que os fogares …

O noso conselleiro delegado, Emilio Bruquetas, participou no “Encontro de Entidades Comunitarias que traballan e impulsan a Transición Enerxética Comunitaria” organizada polo Observatorio Eólico de Galicia na Universidade de Vigo. Galicia conta con recursos naturais —vento, auga, sol—, con coñecemento, empresariado e con comunidades locais con experiencia na xestión colectiva. A cuestión é como facemos …

O Foro Económico de Galicia abordou, na súa décimo quinta reunión anual, celebrada en Muxía, a influencia da xeopolítica na economía galega. Entre os participantes neste encontro estivo o noso conselleiro delegado, nunha mesa moderada pola xornalista Fernanda Tabarés, xunto con Alberto Lavandeira (Atalaya Mining), José Manuel Saldaña (Grupo Samca) e Manuel Soto (ADEGA e …

Na Radio Galega conversaron con Emilio Bruquetas sobre a compra do parque eólico de Mondigo e das accións que se están realizando no contorno da instalación. O conselleiro delegado de RDG explicou que “Mondigo é o primeiro exemplo do que vimos facer; é o exemplo da nova eólica de Galicia, que se basea en catro …

“Mondigo como exemplo” é o titular do artigo de Santiago Lago no que se destaca que a política de beneficios sociais impulsada por Recursos de Galicia debe ser o paradigma da nova eólica galega. Lago enumera as vantaxes dos efectos positivos desta xestión: “Primeiro, descontos directos na factura da luz para a veciñanza dos parques, …

Recursos de Galicia comezou a atender de xeito directo e presencial á veciñanza dos concellos da área de influencia do programa Mondigo Beneficia: Trabada, Barreiros e Ribadeo. O persoal de RDG estivo esta mañá na Casa da Cultura de Trabada para asesorar e facilitar a tramitación dos descontos na factura da luz. Neste concello atenderase …

Verónica Núñez, dos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra, conversou con Emilio Bruquetas, conselleiro delegado de Recursos de Galicia, sobre a nova política de bonificacións aplicada na contorna do parque eólico de Mondigo. Bruquetas destaca que “Mondigo é o primeiro exemplo do que RDG vén facer en Galicia. Traballamos sobre catro piares. O primeiro …