Posts by: devesa
A Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) advirte que, cada ano sufrimos veráns máis quentes. O ano pasado foi o ano máis cálido dende que se teñen rexistros. As consecuencias desta realidade son, entre outras, que teremos oceános con máis temperatura, máis desxeo, máis refuxiados climáticos, e veremos o aumento do nivel do mar así como a …
“Verdor cinguido”, “RDG news”, “Galicia é unha mina”, “O noso equipo”… e agora tamén, “Ti preguntas, RDG responde”. Estreamos en redes sociais un novo espazo -o quinto xa- dentro do noso programa de divulgación e transparencia. En diante, a través de Instagram e Tik Tok daremos contestación a cuestións, algunhas que xa nos foron expostas …
A Organización das Nacións Unidas (ONU) reclama, a través de seu secretario xeral, o despregamento de máis enerxía renovable para facer fronte ao quecemento do planeta. Nunha información de El País destácase o crecemento deste tipo de enerxías xa que en 2024 instaláronse un 15 % máis de eólica, hidráulica e fotovoltaica a nivel global. …
A Comisión Europea vén de anunciar os 47 proxectos estratéxicos chamados a facilitar o subministro de materias primas críticas en Europa. E Galicia está nesta selección! A mina de Doade é unha das iniciativas escollidas, un exemplo de como se pode liderar dende aquí unha extracción sustentable de minerais esenciais para unha industria europea de …
O director de Minería de RDG, Carlos Martínez, participou nunha xornada organizada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia na que se analizou o papel clave de Galicia na autonomía europea de minerais. Durante a súa intervención, na mesa sobre os minerais críticos en Galicia, falou do Regulamento de Materias Primas Fundamentais da UE e dos …
Galicia é unha mina. Así se desprende do datos da Estatística Mineira de España, publicada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica. Este informe sitúa a Galicia como a segunda comunidade con maior número de postos de traballo directo en torno á minería, só por detrás de Andalucía. Trátase dun sector que emprega a case 4.000 …
A Comisión Europea presenta o Pacto por unha Industria Limpa co obxectivo de garantir o futuro da industria manufactureira en Europa mediante a descarbonización. Para conseguilo, anuncia a mobilización de 100.000 millóns de euros en financiamento verde a través da creación dun Banco de Descarbonización Industrial, ademais dun Centro de Materias Primas Fundamentais da Unión …
Temos nova sección nas nosas redes sociais. O noso equipo é o espazo virtual no que iremos poñéndolle cara ás persoas que traballan nos distintos departamentos de Recursos de Galicia. De xeito persoal, cada un deles, fálannos sobre a súa experiencia profesional e sobre a motivación para incorporarse a este proxecto. Nas tres primeiras entregas …
O noso director de Minería, Carlos Martínez, protagoniza a entrevista deste domingo na Radio Galega. Durante a conversa con Xosé Valiñas explica que Galicia “é líder na produción de lousa de granito pero tamén en minerais como o cuarzo ou o silicio metalúrxico” necesarios para a industria tecnolóxica e a transición enerxética. Martínez recalca que …
“Os galegos teñen que percibir o beneficio de ter unha mina cerca”. Así o explica o noso director de Minería, Carlos Martínez, nunha entrevista en La Voz de Galicia. Na conversa con Beatriz García explicou que a súa misión neste primeiro ano de funcionamento de Recursos de Galicia é “avaliar todos os proxectos mineiros que …